Ke keres ke che diga?

Wednesday, May 04, 2005

Os nosos autores

Estamos aquí de novo para falarvos un pouco sobre os nosos dous autores favoritos unha delas é LUPE GÓMEZ.
Lupe Gómez é unha rapaza que naceu en Fisteus. Dáballe moita importancia as cousas simples que se poden atopar sen pensar moito. Para ela eran moi importantes as vacas, os animais en xeral, a natureza... Gustáballe moito poder "romper a gorxa e volver a amar" algúns dos seus libros son: "Os teus dedos na miña braga con regra" ou "Fisteus era un Mundo" son os seus dous libros en prosa ,os demais son todos de poesía. Esta é Lupiña, a nosa Lupiña.





O noso outro autor é o nos mestre e compañeiro Séchu Sende. Naceu en Padrón no ano 1972. Quén diría que con el ía nacer un rapaz cheo de ideas un pouco revolucionarias. Era un castelán falante que non podía entender como a lingua propia de Galiza se perdería se seguise nese camiño. Polo que axiña decidiu falar a lingua galega e estudar a súa filoloxía. E hoxe é o noso mestre. Por outra banda adicouse á escritura e o ano pasado publicou Orixe, o libro que gañou o premio Blanco Amor 2003 da literartura. O libro pareceunos moi orixinal. Ainda que non queremos desvelar o seu contido para que vos decidades a lelo.

4 Comments:

Post a Comment

<< Home